RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación docertificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que seanuncia a exposición pública da relación definitiva de admitidos e excluídos e se determinan as datas, o lugar e os horarios derealización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para otransporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral deMobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 17 de xuño), acordouse, de conformidade co disposto nas bases sexta punto 5 e oitava punto 1da mencionada resolución:

Primeiro. Facer pública a relación definitiva de admitidos e excluídos para a realización das mencionadas probas e proceder á exposiciónpública da referida lista definitiva na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nos taboleiros de anuncios dosservizos centrais da dita consellería, da Dirección Xeral de Mobilidade.

Segundo. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiagode Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse na data e nos horarios que a seguir se indican:

Luns 19 de outubro de 2015.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención todas as clases: 15.30 horas.

Renovación todas as clases: 16.30 horas.

Renovación clase 1: 15.30 horas

Obtención materias líquidas: 17.30 horas

Renovación materias líquidas: 18.30 horas.

Renovación clase 7: 16.30 horas.

– Martes 20 de outubro de 2015.

Obtención clase 2: 15.30 horas.

Renovación clase 2: 16.30 horas.

Obtención clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 17.30 horas.

Renovación clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.30 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención todas as clases: 17.30 horas.

Renovación todas as clases: 18.30 horas.

Terceiro. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15minutos antes do comezo de cada exercicio.

Cuarto. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e resultará excluído da súa realización quen noncompareza no dito momento.

Quinto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importesaboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade. En caso contrario, non selles permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios a aqueles candidatos que carezan da referida documentación. Tales aspirantesexcluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sétimo. Os interesados deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, o ADR ou RID e máquina calculadora sen memoria RAM.

Link

es Español
X

Pin It on Pinterest